Estás en:Novas

Ana Prado

#AVoltaÁProvinciEn52Autoras

Ana Prado

Obra

Ana Prado

Veciña do Concello de Abegondo, Ana Prado é unha escritora e asesora cultural e tecnolóxica.
Traballou como xornalista e editora. Actualmente é responsable de proxectos que conxugan as tecnoloxías da información e a comunicación cos contextos do ensino. Tamén realiza labores de asesoramento a institucións públicas e privadas neste mesmo campo.
É autora de varias obras de literatura infantil en castelán da colección "Libros para Jugar" e galego: un xoguete para Rosalinda. Xunto a Suso Cubeiro publicou A Costureira das ánimas.
Forma parte da Asociación Cultural Barballocas e da Escola de Teatro do Concello de Abegondo.

Obra

Un xoguete para Rosalinda (Evergráficas, 2011)
A Costureira das ánimas (Everest, 2012) [GAL/16817]

Hai uns anos, as costureiras percorrían vilas e aldeas coa máquina de coser sobre a cabeza na procura de visos, pantalóns, saias ou calquera outra peza de roupa para amañar. Había que ter forza, tanto nas pernas coma no pescozo, para termar da "singer" durante as complicadas andadas por montes e leiras ata chegar a algún lugar onde pasar a noite e coser o que dispuxese a dona da casa. En todas as familias, había as súas cousas entre mortos e vivos. Os mortos aturábanse ben. Os coitados dos finados eran corpos sen vontade que cumpría axeitar como se viña facendo desde sempre. A costureira deste relato atopouse nunha situación inesperada despois de que lle encargaran empanicar un morto. Descubriu que, ás veces, a relación cos mortos pode ser máis beneficiosa do que nunca chegara a pensar.

Artigos sobre a autora e a súa obra:

Voz de Galicia (22/04/2013)
La Opinión (25/04/2013)
Voz de Galicia (23/11/2018)