Estás en:Novas

FHN. Convocatoria de libre designación, do posto de secretario/a do Concello de Vigo

Ministerio de Facenda e Función Pública

Resolución do 21 de agosto de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, polo sistema de libre designación.

Corporación: Concello de Vigo.
Denominación do posto: Secretario/a de Administración municipal.
Complemento específico anual: 48.906,34 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, Subescala Secretaría, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional. Publicada en «Diario Oficial de Galicia» do 10 de agosto de 2023
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou o seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

https://www.boe.es/boe/dias/2023/09/01/pdfs/BOE-A-2023-18859.pdf