Estás en:Novas
Activididades de outono da biblioteca

Curso de Lego Wedo

WeDo é a plataforma educativa máis sorprendente e divertida para iniciarse na robótica e na programación.

Curso de Lego Wedo

Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos

DURACIÓN DOS CURSOS: 10 sesións
HORARIO: de 10:30 a 12:00 h

Lugar do curso: Sala Infantil. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña


DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados

    • 21 e 28 de outubro
    • 4, 11, 18 e 25 de novembro
    •  2 e 16 decembro
    • 13 e 20 de xaneiro

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o venres 6 de outubro ás 10:30 h da mañá.

Inscrición

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web
www.dacoruna.gal/biblioteca premendo no apartado Actividades e despois en Infancia Mocidade preme no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man).

Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) a listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e as listaxe de agarda.

12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

Terán preferencia os nenos/as que non realizasen anteriormente o taller.

Os cursos son totalmente gratuítos.

En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.

Para calquera dúbida, chama ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.