Estás en:Novas
Actividades de outono na biblioteca

Obradoiros de literatura

4 obradoiros de lectura e literatura que se imparten de xeito presencial de luns a xoves.

Obradoiros de literatura

Impartido por Patricia Cernadas

Un día á semana, para elixir: os luns, martes, mércores e xoves
Horario: de 17:00 a 19:00 h
Prazas. 20 cada grupo
Duración: de outubro a xuño
Data de comezo: semana do 16 de outubro

RESERVA DE PRAZA

Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Poden inscribirse nesta mesma web premendo aquí e seleccionando a actividade e o día desexado (é necesario ter o carné da biblioteca a man).
A páxina para inscribirse a esta actividade activarase o luns día 2 de outubro ás 10:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

A adxudicación das prazas realizarase por sorteo por cada grupo. É dicir, realizarase o sorteo das 20 prazas do luns entre as persoas que escolleran inscribirse para o luns, e o mesmo co resto de días.
Contactaremos con todas as persoas para comunicarlles se obtiveron praza ou non, antes do inicio da actividade.