Estás en:Novas

O Real Club Deportivo da Coruña gaña o II Trofeo de Fútbol Alevín da Deputación

O Xuventude de Oroso quedou subcampión, mentres que o Fabril FC e o Carnota quedaron terceiro e cuarto clasificados, respectivamente

O deputado de Deportes, Antonio Leira, entregou os galardóns e destacou que a calidade dos xogadores e xogadoras: "o fútbol coruñés ten un futuro prometedor"

O Real Club Deportivo da Coruña gaña o II Trofeo de Fútbol Alevín da Deputación

O Real Club Deportivo da Coruña foi o gañador do II Trofeo de Fútbol 8 Alevín da Deputación da Coruña, celebrado esta fin de semana no campo de fútbol de Sigüeiro (Oroso) coa participación de 36 equipos de toda a provincia e preto de 400 xogadores e xogadoras desta categoría.

O Xuventude de Oroso quedou como subcampión, mentres que o Fabril FC e o Carnota quedaron terceiro e cuarto clasificados, respectivamente.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, foi o encargado de entregar os premios, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval.

Leira felicitou os gañadores e gañadoras e "a todos os equipos participantes nesta gran festa do fútbol alevín na que poidemos ver que hai canteira e que o fútbol coruñés ten un futuro moi prometedor por diante".

Houbo premios tamén para o mellor xogador e o máximo goleador do campionato, ambos para Ignacio Villanueva do RC Deportivo; ao mellor porteiro, Nico Fernández do Xuventude de Oroso; porteiro menos goledado (Iago Miranda, Roque Martínez e Felipe Varela do RC Deportivo) e ao equipo máis deportivo para o Carnota, entre outros.