Estás en:Novas

Obradoiro de cine

Escribe, dirixe e actúa na túa propia curtametraxe, no obradoiro de cine impartido polo director Federico Rioboo.

Obradoiro de cine

Inscríbete no obradoiro de cine e crea a túa propia cutrametraxe.

  • Idade: de 12 a 17 anos.
  • Duración: 6 sesións.
  • Días: 21 e 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro.
  • Horario: de 11:00 a 12:30 horas.
  • Prazas: 10.
  • Lugar: Sala de formación da Biblioteca (1º andar).

RESERVA DE PRAZA
A páxina para inscribirse nos talleres activarase o día 6 de outubro ás 10:30 h da mañá.
Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca picando no apartado Actividades e despois, en Infancia Mocidade picar no formulario de Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir Obradoiro de Cine.
Comprobar antes que o carné está vixente.
Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico.
Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.
Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns).
Os cursos son totalmente gratuítos.
Para contactar coa biblioteca, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.