Conversas en inglés
Hoxe en día o inglés é moi importante para acceder á información, ao traballo, a viaxar e mesmo a manexar as instrucións de calquera aparello, como unha lavadora, un ordenador etc.
É por iso que a biblioteca ofrece dous cursos de conversa en inglés de balde.
Con estes cursos preténdese:
- Divulgar e chegar ao uso habitual do inglés dunha forma amena e adecuada para persoas adultas.
- O nivel esixido é un nivel medio de inglés, de tal xeito que o alumnado poida dialogar e debater en inglés sobre uns temas de actualidade e obteña máis soltura en inglés en conversacións e debates sobres temas actuais e cotiáns.
- Que o alumno perda ese sentido de ridículo ao falar en inglés e conseguir así unha maior fluidez e seguridade.
- Axudar ao alumno con algunhas dúbidas en inglés e informalo das páxinas da internet de aprendizaxe de inglés: exemplo AulaFacil, Duolingo, Tedtalks etc. En todos os cursos fomentarase, cando así sexa requirido polo alumno, a atención especial personalizada ás características de cada un dos participantes.
Ofértanse dous niveis: o medio II é un chisco máis avanzado que o medio I
Nivel Medio I
Impartido por Elisabeth Hamer
Día: os mércores de 11:30 a 12:45 h.
Duración: 16 sesións. De outubro a febreiro
Prazas: 15
Data de comezo: mércores 18 de outubro
Nivel Medio II
Impartido por Elisabeth Hamer
Día: os luns de 19:15 a 20:30 h.
Duración: 16 sesións. De outubro a febreiro
Prazas: 15
Data de comezo: o luns 16 de outubro
RESERVA DE PRAZA
Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Poden inscribirse nesta mesma web premendo aquí (é necesario ter o carné da biblioteca a man) e escollendo a actividade e o nivel desexado.
A páxina para inscribirse a esta actividade activarase o luns 2 de outubro ás 10:30 h ata o mércores ás 20:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. As prazas adxudicaranse por sorteo. É dicir, realizarase o sorteo das prazas do Medio I entre as persoas solicitantes do nivel Medio I, e o sorteo das prazas do Medio II entre as persoas solicitantes do nivel Medio II.
Contactaremos coas persoas inscritas para comunicarlles se obtiveron ou non a praza.