Estás en:Novas
Actividades de outono na biblioteca

Taller de lectura poética

  Un percorrido pola poesía universal do século XX

Taller de lectura poética

Obradoiro de literatura impartido por Xoán Abeleira

Día: os mércores de 19:00 a 20:30 h.

Prazas: 15

Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro

Data de comezo: mércores 18 de outubro

RESERVA DE PRAZA

Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Poden inscribirse nesta mesma web premendo aquí e seleccionando a actividade na que queres reservar a praza. (É necesario ter o carné da biblioteca a man). No caso de literatura e inglés hai que escoller o día no que queres participar.
A páxina para inscribirse a esta actividade activarase o luns 2 de outubro ás 10:30 h ata o mércores 4 de outubro ás 20:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
Contactaremos coas persoas que se inscriban para comunicarlles se obtiveron ou non praza antes do inicio da actividade.