Estás en:Novas

A Deputación apoia a edición 2023 do Rally Rías Altas Histórico

O evento presentouse hoxe en Betanzos coa presenza do deputado de Deportes, Antonio Leira

O Concello da Coruña será o punto de chegada e saída do Rally e Aranga, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior contarán con tramos cronometrados 

A Deputación apoia a edición 2023 do Rally Rías Altas Histórico

Betanzos foi nesta ocasión o concello elixido para presentar unha nova edición do Rally Rías Altas Histórico, que leva percorrido as estradas do golfo ártabro dende o 2015.

No acto estiveron presentes Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, o tenente alcalde de Betanzos, Diego Fernández, e os alcaldes de Aranga e Paderne.

Todos eles destacaron a importancia das probas automovilísticas de carácter nacional que se desenvolven na provincia da Coruña, e que o Rally Rías Altas supón un grande atractivo para os participantes do campeonato de vehículos históricos atraendo á súa vez a numerosos aficionados que ano tras ano se achegan ata as nosas terras para disfrutar do espectáculo.

Nesta edición, con importantes novidades no seu trazado, os Concellos de Aranga, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior serán os que conten cos tramos cronometrados. Betanzos acollerá a todos os participantes na Praza Irmáns García Naveira en varias ocasions, especialmente na noite do venres. E o Concello da Coruña será o punto de salida e chegada do rally, coa Praza de María Pita como punto emblemático donde se celebrarán as cerimonias de saída e chegada coa entrega de premios e trofeos.

A proba terá duas etapas, coa saída na tarde do venres 29 e o remate ó día seguinte. Oito serán os treitos cronometrados que terán que percorrer os participantes sumando así máis de cen kilómetros contra o crono que decidirán os vencedores.

Con oitenta e tres equipos inscritos, a proba coruñesa volve a ser unha das que conforman o calendario nacional que máis participantes atrae como xa vén sendo habitual.

Toda a información da proba pode seguirse a través da sua web: www.rallyeriasaltas.com