EBIBLIODACORUNACLUB: "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami
EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.
Dende o 29/09 do 2023 estaremos lendo no Club de Lectura Dixital "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami.
Premio Princesa de Asturias das Letras 2023.
Hajime vive unha existencia relativamente feliz–casouse, é pai de dúas nenas e dono dun club de jazz–cando se reencontra con Shimamoto, o seu mellor amiga da infancia e a adolescencia. E a atracción renace, Hajime parece disposto a deixalo todo por ela... Unha historia sobre amores perdidos e recobrados, sobre a consumación dunha promesa de plenitude, que destila a indefinible sensación de desaxuste co mundo que abura ao home contemporáneo.
Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Compartiendo lecturas" dedicado a lecturas en castelán
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.
Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.
Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.
Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.