Estás en:Novas
BBTK Infantil

Sábados de plastilina na Bebeteca

Vén pasar a mañá do sábado na biblioteca!

Sábados de plastilina na Bebeteca

Talleres de balde orientados a nenos e nenas de 3 a 6 anos, impartidos por Ana Tenreiro.

Datas dos talleres segundo as idades:


Para 3 e 4 anos serán de 11:30 a 12:30 h os sábados:

  • 28 de outubro
  • 11 e 25 de novembro
  • 16 de decembro


Para 5 e 6 anos serán de 11:30  a 13:00 h os sábados:

  • 11 de outubro
  • 4 e 18 de novembro
  • 2 de decembro


10 prazas por cada sábado. Reservar praza (1 por neno/a agás irmáns/ás) na Bebeteca ou chame ao teléfono 981 080 174 a partir do martes anterior a cada actividade en horario de 16:00 a 20:00 h. Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta. Terán preferencia socios/as.