Estás en:Novas

Día da Biblioteca

O 24 de outubro as bibliotecas celebramos o noso día grande, e preparamos unha programación para todas as idades para celebralo.

Día da Biblioteca

Programación para a semana do Día da Biblioteca:

EXPOSICIÓN LIBROS ÚNICOS

Inauguración 23 de outubro ás 8:30 h
Na Biblioteca temos libros especiais, pero tamén conservamos algúns que son únicos (no mundo). Se tes curiosidade, a semana do 23 de outubro estará dispoñible unha mostra dalgúns deles no vestíbulo da Biblioteca.
Entrada libre en horario de apertura.

VISITA GUIADA

Martes 24 ás 11:30 h
Percorrido por algúns dos libros máis especiais da Biblioteca.
15 prazas.
Inscrición: envía o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chama ao 981 080 176 en horario de apertura.

TALLER DO DÍA DA BIBLIOTECA

Obradoiro "Libros despregables do espazo"
24 de outubro de 18:00 a 20:00 h
De 7 a 12 anos
Prazas: 12
Reserva de praza: a partir do día 18 de outubro chama ao 981 080 171 en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
12 prazas (1 neno ou nena agás irmás/ns).
Terán preferencia socios e socias.

CONCERTO MUSICAL DE PAKOLAS (PACO CERDEIRAS)

Rockeando con Ramona Pequena
24 de outubro de 18:30 a 19:30 h
Sala: Manuel López
De 3 a 8 anos
Para socios e socias.
Reserva de praza (1 nena/o agás irmás/ns) a partir do 18 de outubro chama ao teléfono 981 080 174 en horario de 16:00 a 20:00 h. Cada neno/a estará acompañado/a de unha persoa adulta.

ENCONTRO DIXITAL NO CLUB EBIBLIODACORUNA SOBRE MURAKAMI

Mércores 25 ás 20:00 h no EbiblioDaCoruna Club Lector
Desde o 29 de setembro estamos lendo "Al sur de la frontera, al oeste del sol", deste autor galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2023, ao que lle entregarán o premio nos vindeiros días.
Podes unirte ao Club aquí cando queiras se es socio ou socia da EbiblioDaCoruna aquí: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/
Se aínda non o es, podes darte de alta aquí: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/
Teremos un encontro virtual para falar sobre o libro o mércores 25 ás 20:00 h no seguinte enderezo: https://meet.google.com/ogo-jcym-zid

OBRADOIRO

"Kalopsia: un planeta non tan diferente. Descobre Europa desde o espazo exterior"
Data: venres 27 de outubro ás 18:00 h
Duración: 50 minutos
Público: de 6 anos en adiante
Prazas: 20
Inclúe intérprete de lingua de signos
Inscrición: a partir do día 23 chama ao 981 080 171 en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h. Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta.

+ Materiais: o taller contará con materiais específicos para o desenvolvemento da actividade. Cada neno/nena recibirá un exemplar do conto.
Resumo: Kalopsia está a millóns de quilómetros da Vía Láctea. É un planeta cheo de cores: o ceo pode ser amarelo, verde ou lila e a auga é vermella, con sabor a xarope de fresa.

En Kalopsia viven catro especies que separaron os seus territorios con muros porque cando se xuntan non fan máis que discutir.
A protagonista, Wabi, vive unha aventura na que que atopa moitas sorpresas e na que se dá conta que, a pesar das diferenzas, os habitantes do seu planeta poden convivir e axudarse uns a outros.