Estás en:Novas

As deputadas de Política Social e Educación participan no XXIII Encontro Nacional de Familias de Persoas con Síndrome de Down na Coruña

Un encontro no que a música, o humor e as reivindicacións do colectivo foron as protagonistas dentro do auditorio de Palexco, na Coruña.

As deputadas de Política Social e Educación participan no XXIII Encontro Nacional de Familias de Persoas con Síndrome de Down na Coruña

A Coruña acolleu o XXIII Encontro Nacional de Familias de Persoas con Síndrome de Down

Ademais de familias de persoas con síndrome de Down vindas de toda España, a inauguración deste encontro contou coa presenza de numerosas autoridades.

Entre elas, as deputadas provinciais e Política Social e Educación, Mar García e Yoya Neira, a conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, a comisionada para universidades de Fundación ONCE, Isabel Martínez; o secretario xeral de ONCE, Rafael de Lorenzo; o presidente de Down España, Mateo San Segundo, o de Down CORUÑA, Ricardo Santos e o de Down Galicia, Delmiro Prieto.

Yoya Neira, deputada de Educación e concelleira Servizos Sociais na cidade da Coruña, destacou que "quedan moitos retos para as persoas con síndrome de Down, ente eles unha educación en igualdade e o acceso a titulacións".

Mar García gabou o traballo e compromiso de Down Coruña para a facilitar a integración social e laboral das persoas con síndrome de Down. "Un traballo incansable, que mellora a vida de moitas persoas. Para nós é un orgullo poder apoialos desde a Deputación da Coruña", subliñou a deputada de Política Social.

A actriz e presentadora coruñesa Estibaliz Veiga foi a encargada de presentar o acto xunto a Pedro Barreiro, un mozo con síndrome de Down de Down Coruña que se mostrou realmente ilusionado por esta responsabilidade. Os asistentes tamén puideron gozar da actuación do ex vocalista de Sinistro Total, Miguel Costas, acompañado da banda galega Novo Plan.