Estás en:Novas

Mar García destaca o compromiso da Deputación á hora de concienciar sobre a saúde mental e fomentar unha sociedade de respecto

A deputada provincial de Política Social participou este venres no acto de conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, organizado por FEAFES

Na súa intervención puxo en valor o traballo diario que se realiza desde esta asociación á hora de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen este tipo de afeccións e aos seus seres próximos

Mar García destaca o compromiso da Deputación á hora de concienciar sobre a saúde mental e fomentar unha sociedade de respecto

A deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal, participou este venres no acto en conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia na Coruña.

Mar García destacou "o compromiso da Deputación á hora de seguir traballando para concienciar á sociedade da importancia da saúde mental, de dotarnos dos recursos axeitados neste eido e fomentar unha sociedade de respecto".

A deputada puxo en valor "o gran traballo que realiza FEAFES no día a día á hora de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen este tipo de afeccións, así como o apoio ás súas familias e seres queridos".

Antes do inicio do acto, as autoridades realizaron unha visita ás instalacións de FEAFES na cidade. Interviñeron o presidente de FEAFES, Xosé Ramón Girón, o representante do Comité en Primeira Persoa de Galicia, Manuel López, a deputada provincial de Política Social, Mar García, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Durante a celebración do evento proxectouse un vídeo en conmemoración deste día, coa intención de concienciar e sensibilizar sobre esta materia.