Kalopsia: un planeta non tan diferente
Descobre Europa desde o espazo exterior neste obradoiro pensado para nenos e nenas a partir de 6 anos.
Data: venres 27 de outubro ás 18:00 h
Duración: 50 minutos
Público: de 6 anos en adiante
Prazas: 20
Inclúe intérprete de lingua de signos
Inscrición: a partir do día 23 pode chamar ao 981 080 171 en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h. Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta.
+ Materiais: o taller contará con materiais específicos para o desenvolvemento da actividade. Cada neno/nena recibirá un exemplar do conto.
Resumo: Kalopsia está a millóns de quilómetros da Vía Láctea. É un planeta cheo de cores: o ceo pode ser amarelo, verde ou lila e a auga é vermella, con sabor a xarope de fresa.
En Kalopsia viven catro especies que separaron os seus territorios con muros porque cando se xuntan non fan máis que discutir.
A protagonista, Wabi, vive unha aventura na que que atopa moitas sorpresas e na que se dá de conta que, a pesar das diferenzas, os habitantes do seu planeta poden convivir e axudarse uns a outros.