Estás en:Novas
Exposición

Libros únicos

Polo Día da Biblioteca, que celebramos o 24 de outubro, mostramos algúns dos exemplares que conservamos que son únicos no mundo.

Libros únicos

Na Biblioteca temos libros especiais, pero tamén conservamos algúns que son únicos (no mundo). Se tes curiosidade, durante unhas semanas estará dispoñible unha mostra dalgúns deles no vestíbulo da Biblioteca. Ensinamos as reproducións e o contexto, e os orixinais mostrámolos na visita guiada do 24 de outubro ás 11:30 h.

Descargar GUÍA DE LECTURA DE LIBROS ÚNICOS 

Entrada libre en horario de apertura.