Inma Otero Varela
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Inma Otero Varela
Inmaculada Otero Varela, tamén coñecida como Inmaculada Otero ou Inma Otero, nada en Carral, é unha filóloga e ensaísta galega.
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados nesta última universidade en 2002 co traballo de investigación A narrativa experimental galega dos 80 e 90: un achegamento ao posmodernismo, no que tivo como titora a Dolores Vilavedra.
Traballou no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega, para posteriormente ser Lectora de Lingua e Cultura Galega na Universidade de Roma La Sapienza. Traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre.
Colabora como crítica literaria no suplemento Sermos de Nós Diario, en Grial e na web italiana Insula Europea.
Obra
Ensaio:
- Criminal, Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás (2000). Santiago: Sotelo Blanco.
- O posmodernismo no sistema literario galego (2007). Universidade de Santiago. [Tesiña].
- A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura (2014). Euseino? Editores. En «Anotacións sobre literatura e filosofía», nº 6.
- O obxecto muller e o xiro ontolóxico (2021). Vigo: Euseino? Editores.
- A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (2022). Vigo: Xerais.
Tradución:
- Emerxencia, de Maurizio Ferraris (2017). Euseino? Editores.
A autora na rede:
- Ficha da autora en Xerais.
- Ficha da autora na AELG.
- Ficha da autora en Euseino. Libros e notacións sobre Literatura e Filosofía
- Biosbardia: O país dos libros en galego (19/12/2022) [Entrevista]
- Praza.gal (07/11/2014) [Artigo]
- G24.gal (08/03/2023) [Entrevista]
A autora nas redes:
Facebook: https://www.facebook.com/inma.otero.50?locale=gl_ES
Twitter: https://twitter.com/InmaOteroVarela?lang=gl