Estás en:Novas

Axencia Turismo. Aumento prazo xustificación: Infraestruturas turísticas e Embelezemento litoral.

Xunta de Galicia

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 9 de febreiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503D).

"Ampliar o prazo de xustificación (...) ata o 20 de novembro de 2023."

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación e se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 14 de marzo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

Primeiro. (...)
«3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de marzo de 2024».

Segundo. Modificar a data límite para presentar a documentación xustificativa (...)
«1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, con data límite o 31 de marzo de 2024, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento subvencionable, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a entidade beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 40 % do investimento subvencionable; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida. Se a xustificación é superior ao 40 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou os obxectivos para os que se concedeu a axuda.