Estás en:Novas

Samaín na Biblioteca

Ven pasar un Samaín de terror á Biblioteca, dámosche moitas opcións e para todas as idades.

Samaín na Biblioteca

Laura Suárez
Laura Suárez Fernández, naceu en Dumbría, aínda que reside en Cee, e é unha ilustradora e autora galega.
Graduouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia, especializándose en ilustración. Despois formouse no mestrado de Ilustración e Cómic da Escola Elisava, en Barcelona. Actualmente traballa coma autora e ilustradora editorial, especializada en ilustración infantil e cómic.
A súas ilustracións foron publicadas en medios divulgativos como Time Out ou 180 hilos, e educativos, como a revista Cocoter. Actualmente traballa como ilustradora literaria para diversas editoriais. En Xerais, é a autora das ilustracións dos libros «Conexión Macarrón» (2019), «Unha veciña de película» (2023) e «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).
Realiza o seu traballo con técnicas mixtas, mesturando ferramentas dixitais con materiais tradicionais, coma gouache ou lapis de cores.

Obras
• Los cuentos de la niebla. (2019) Editorial Dibbuks. Madrid.
• Una bona amiga. (2019) Editorial Baula, del grupo Edelvives. Barcelona.
• Conexión macarrón. (2019) Con texto de Ledicia Costas. Xerais. Vigo.
• Tales of the mist. (2020) Europe Comics.
• Cuentos españoles de hoy y siempre. (2021) Con texto de Magela Ronda. B de Blok, del grupo Penguin Random House. Barcelona.
• Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta. (2021) Galaxia. Vigo.

A autora na rede
Ficha de autora en Galaxia.
Ficha de ilustradora en Xerais.
Ficha de autora en tebeosfera.
Ficha persoal da autora
Que pasa na Costa [Entrevista]
Nós diario [Entrevista]
Dumbría e cultura [Artigo]
La Voz de Galicia [Artigo] [Artigo] [Artigo]
El Correo Gallego [Artigo] [Artigo]

A autora nas redes sociais
https://www.instagram.com/laurasuarez/
https://www.facebook.com/laurasuarez.info