Estás en:Novas

Modificacións ao Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local aos concellos ata 15.000 habt. 2023

Xunta de Galicia.

Vicepresidencia Primeira e Consellería  de Presidencia, Xustiza e Deportes. 

ORDE do 30 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de cooperación local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, establecido no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (código de procedemento PR486B) (Diario Oficial de Galicia número 34, do 17 de febreiro).

A data límite para a realización dos investimentos e a presentación da documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 30 de novembro de 2023.