Estás en:Novas

Espazos Termáis uso lúdico: ampliación prazo presentación documentación xustificativa, ano 2023

Xunta de Galicia.

Consellería de Economía, Industria e Innovación. 

ORDE do 8 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 20 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN308C).


«Para cobrar a subvención concedida, as entidades locais beneficiarias deberán presentar electrónicamente para cada anualidade unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado do anexo IV, e acompañada da documentación sinalada nas seguintes epígrafes. O prazo máximo para presentar a xustificación será:


– Ata o 31 de decembro de 2023 para a contía da subvención concedida a cargo da anualidade de 2023.
– Ata o 15 de novembro de 2024 para a contía da subvención concedida a cargo da anualidade de 2024».