Estás en:Novas

Proxecto PIMA cambio climático: Ampliación prazo de xustificación e convocatoria EE.LL. 2023

Xunta de Galicia.

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 8 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O).

Amplíase o período de execución das actuacións que se subvencionan e o período para presentar a documentación xustificativa dos investimentos ata o 30 de decembro de 2023.