Estás en:Novas
25N

De Fronte contra a Violencia de Xénero: actividades e recursos dende a a Biblioteca Provincial

DE FRONTE á violencia de xénero é unha campaña e programa de actividades posta en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

De Fronte contra a Violencia de Xénero: actividades e recursos dende a a Biblioteca Provincial

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña puxeron en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia. Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.   

A campaña #DeFronte, que organiza a área de Igualdade da Deputación da Coruña ten unha chea de actividades para sensibilizarnos sobre a importancia da loita contra a violencia de xénero;  unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia. Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.


Entre as actividades de 2023, a Deputación da Coruña pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade.


As diversas actividades organízanse arredor de obradoiros en varios centros educativos da provincia ao longo de novembro, vídeos divulgativos e actividades.


Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unímonos á campaña #DeFronte en contra da Violencia de Xénero da Área de Igualdade da Deputación da Coruña con diversas actividades.

    • Contos que rachan cadeas é un proxecto de dinamización nas bibliotecas da provincia, que consiste en orientar á mocidade da provincia á tolerancia cero cara a violencia de xénero, con lecturas e materiais audiovisuais que esperten o seu interese, para que de forma individualizada continúen investigando e afondando nos conceptos tratados. As sesións comezaron nas bibliotecas do Concello de Santiago e percorrerá os concellos de Carballo, Rianxo, Narón, Brión e tamén a propia  Biblioteca da Deputación, que terá lugar  o día 23 de novembro ás 18:00 horas. Aínda podedes inscribirvos chamando ao 981 080 171.

Contos que rachan cadeas_Biblioteca Deputación.jpeg

  • Selección de recursos dispoñibles na Biblioteca e tamén na EbiblioDaCoruna. Nos andeis da Biblioteca podes encontrar unha selección de recursos:

IMG_4085.jpg

    • Na #ebibliodacoruna tes una selección de recursos sobre o  #25N en contra da violencia de xénero que se prestan en liña

     Entrar na biblioteca dixital 

  • Na nosa Canle do Youtube podes visualizar o vídeo que creamos para o 25N:  empregamos a cultura, os libros, para combater a barbarie. Desde a Biblioteca Provincial da Coruña estamos contra a violencia de xénero e mirámola do único xeito posible: de fronte.


Todas as actividades da Deputación da Coruña en https://defronte.gal/actividades/ #25N #defronte Toda a información: https://defronte.gal