Ilda Mosquera
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Ilda Mosquera
Ilda Mosquera Rey é unha xornalista de Cedeira e autora dunha novela en castelán.
Licenciada en Comunicación Audiovisual e Xornalismo en Madrid, traballou como redactora e reporteira en Cuatro, TVG, La Sexta ou TVE, realizando tamén algún traballo en prensa.
Tras abandonar a súa Cedeira natal aos 18 anos para ir estudar a Madrid, regresa agora a Galicia para afrontar un novo proxecto laboral. Acaba de publicar a súa primeira novela, "Amor Mercurio".
Amor Mercurio [GAL/8147]
Resumo: A véspera da súa voda Ciara está chea de dúbidas sobre o concepto do amor. A súa cabeza debátese entre a dependencia irracional dunha relación tóxica, que é unha obsesión, e as virtudes que quere ver no seu futuro marido. A través dos seus recordos, percorremos a súa vida ata preguntarnos se o amor non é máis que unha tolemia.
Mentres ela está inmersa en problemas transcendentais e cunha ansiedade desbordante, toda a súa familia céntrase na voda; non pode fallar o máis mínimo detalle. Pero ninguén lle pregunta á futura noiva como está.
A través do seu presente e os seus recordos de tres décadas percorremos a súa vida con amores e desamores. Desgarrámonos cos seus éxitos e fracasos laborais, marcados pola crise de 2008 que dificultou o traballo. Con Ciara chegaremos a descubrir a dualidade da soidade á que hai que botar de menos e nunca de máis. No seu camiño vital descubriremos a importancia do autocoñecemento e do amor propio para chegar ás relacións sas.
'Amor Mercurio' é unha novela que denuncia o concepto de amor romántico, que aínda se nos vendía ás nenas que crecemos nos noventa, e as presións patriarcais que sufrimos as mulleres no século XXI.
A autora na Rede:
Blog persoal da autora: https://ildadixit.blogspot.com/
Cadena Ser. Hoy por hoy (Madrid Norte): Entrevista a Ilda Mosquera: https://cadenaser.com/audio/1675160628370/
Diario de Ferrol: https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/ilda-mosquera-propuse-contar-concepto-poliamor-naturalizar-poder-querer-personas-vez-4219991
La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2023/02/11/me-posiciono-contra-tenga-venir-principe-rescatarte/0003_202302F11C8992.htm
El asombrario: https://elasombrario.publico.es/amores-toxicos-barbacoas-alas-pollo/ ; https://elasombrario.publico.es/confesionesdeverano-punto-de-giro/
A autora nas redes:
Instagram: https://www.instagram.com/ildadevent/?hl=es
Twitter: https://twitter.com/ildadevent?lang=es
Facebook: https://www.facebook.com/IldaDixit/?locale=es_ES