A Deputación recibe ao novo equipo de dirección da Asamblea provincial da Cruz Vermella na Coruña
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, recibiu na Deputación ao novo equipo directivo directo da Cruz Vermella na provincia da Coruña, presidida por Manuel Antonio Viqueira Verea.
Na reunión tratáronse proxectos comúns, como o programa de intervención en materia de violencia de xénero coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, que conta coa colaboración da Deputación a través das liñas de subvencións a entidades sociais e exploráronse novas vías de colaboración entre ambas as dúas institucións de cara ao futuro.
1
2
Fotogalería