Estás en:Novas

A Deputación colabora con EspazoCoop para organizar unha xornada técnica sobre xestión de cooperativas

A Deputación colabora con EspazoCoop para organizar unha xornada técnica sobre xestión de cooperativas

A Deputación colabora coa Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop para organizar unha xornada técnica sobre xestión de cooperativas.

"Achégate ás cooperativas cunha ollada experta" terá lugar no Pazo de Mariñán, en Bergondo, o mércores, 13 de decembro. Trátase dunha actividade realizada no marco do convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, que ten como obxectivo ofrecer unha visión técnica sobre a xestión das cooperativas a diferentes niveis.

O programa, que se desenvolverá en horario de 9.30 a 14.30 horas, iniciarase cunha benvida institucional a cargo da presidenta de EspazoCoop, Ana Oliveira Blanco, que pechará tamén a xornada xunto ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O programa conta cunha mesa temática laboral e fiscal, para falar da cotización do Reta das persoas socias traballadoras, a protección fiscal das cooperativas e, ademais, realizarase un caso práctico sobre tratamento fiscal do gasto de desprazamentos.

Ao longo da mañá farase unha segunda mesa fiscal de contratación pública responsable, para tratar alternativas e boas prácticas en compra pública, e a continuación falarase sobre boas prácticas en contratación pública responsable e a propiedade intelectual de proxectos dos sector cultural.

As inscricións poden formalizarse a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSem1WDot00rxy5BQLGHYf8FBEP2rRGAWIg65eIIuigXl_WM6g/viewform