Estás en:Novas

FHN: Convocatoria para provisión viceinterventor/a Adxunto/a, Concello de Vigo, libre designación

Ministerio de Facenda e Función Pública

Resolución do 23 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, polo sistema de libre designación.
Corporación: Concello de Vigo.
Denominación do posto: viceinterventor/a adxunto/a.
Complemento específico anual: 48.906,34 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios/as de Administración Local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional. (Publicada no «Diario Oficial de Galicia» do 17 de novembro de 2023).
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou o seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.