Estás en:Novas

Andrea García Martínez

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Andrea García Martínez


Andrea García Martínez

Andrea García Martínez naceu no ano 2000 en Santiago de Compostela, aínda que vive desde nena en Sigüeiro (), onde pasaba o seu tempo imaxinando historias de aventuras e misterio, as cales compartía a través do debuxo e do teatro. No ano 2018 trasládase a Ourense para formarse como ilustradora na EASD Antonio Faílde, onde cursa tamén estudos superiores de Deseño de Interiores. «Animais fantástisco de aldea» (Xerais, 2023), con texto e ilustracións da autora, é a súa primeira obra publicada.

Obra

Animais fantástisco de aldea

O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.

Dispoñible: 

Na sala xuvenil

Na Ebiblio: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/animais-fantasticos-de-aldea-00357249

A autora nas redes

La Voz de Galicia [Entrevista

Twitter: @andrea_gmtnez 

Instagram: @andrea_gmtnez