Estás en:Novas

Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes

XUNTA DE GALICIA

Presidencia da Xunta de Galicia.

LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia


"Nos capítulos XII e XIII regúlanse, por unha banda, a igualdade de xénero en todas as fases da contratación administrativa, onde destaca a obrigatoriedade de establecer condicións especiais de execución relativas á necesidade de contar con protocolos contra o acoso sexual e por razón de sexo ou á prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero, e, por outra, diversas garantías no procedemento administrativo."
Polo que respecta ás disposicións derradeiras, (...) a terceira, a modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, relativa a unha actualización da valoración nos procesos selectivos de promoción interna."