Estás en:Novas

FNH. Convocatoria do posto de Vicesecretaria do Concello de Lugo (sistema de libre designación).

MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA

Resolución do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional polo sistema de libre designación.
Corporación: Concello de Lugo.
Denominación do posto: Vicesecretaría.
Complemento específico anual: 40.496,68 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría e categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional. (Publicada en «Diario Oficial de Galicia» do 28 de novembro de 2023).
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Estar en posesión de certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou o seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.