Estás en:Novas

Laura Touriñán Morandeira

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Laura Touriñán Morandeira

A Autora

Laura Touriñán Morandeira é investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación "Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX)".

Doutora cum laude e Mención Internacional pola Universidade de Santiago de Compostela, autora da tese doutoral Marcial do Adalid (1826-1881): biografía, catalogación da súa obra musical e a súa vinculación coa creatividade cultural socio-identitaria. Licenciada en Historia e Ciencias da Música e Máster en Música Hispana pola Universidade de Salamanca; Grao Superior de Piano polo Conservatorio Superior de Música de Castela e León e Máster en Xestión Cultural, na especialidade de Artes Escénicas, pola Universidade Internacional de Cataluña.

Participa periodicamente en congresos e en cursos de formación en investigación e docencia. E é autora de diversas publicacións, académicas e divulgativas, relacionadas con Musicología Histórica, a Educación Musical e as Humanidades Dixitais.

Forma parte do grupo de investigación Organistrum 

Obra

  • Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega. Real Academia Galega, 2023 [GAL I 285]

Hai case cen anos que a súa biblioteca, de innegable valor, constituída por centos de partituras dos máis destacados compositores españois e estranxeiros, xunto coa case totalidade do seu legado compositivo, foi doada á Real Academia Galega, converténdose esta institución na depositaria do maior fondo documental atesourado sobre o autor, referente de consulta obrigada para o seu estudo.

A musicóloga Laura Touriñán investigou a súa obra e preparou para a Real Academia Galega este valioso traballo. Contribuír á recuperación do noso patrimonio musical e ao enaltecemento do eximio mestre Adalid é a motivación principal que vertebra o presente traballo.

  • Camiños de Coñecemento e Experiencia 2020. Universidad de Santiago de Compostela, 2021