Estás en:Novas

A Deputación financia a programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas (CIFEX) da USC

A deputada de cultura, Natividad González asinou un convenio de colaboración co reitor da USC, Antonio López

O acordo inclúe unha subvención de 35.000€, o que representa un 70% do importe total do proxecto

A Deputación financia a programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas (CIFEX) da USC

A deputada de cultura, Natividad González, asinou un convenio co reitor da Universidade de Compostela, Antonio López, para a colaboración entre ambas institucións na programación de actividades do Centro Interdisiciplinario de Investigacións Feministas (CIFEX), subvencionada pola Deputación nun 70%, cun investimento de 35.000€.

O CIFEX é un centro de investigación interdisciplinario que se enmarca no contexto dos centros propios da USC, e que conta con apoio de institucións e organismos de interese político social, como é o caso da Deputación da Coruña. A súa actividade céntrase na investigación interdisciplinaria, docencia, formación e asesoramento en cuestións específicas referidas ás relacións de xénero en Galicia.

A súa programación de actividades con impacto social, científico e político, que conta co apoio da Deputación, promove as políticas de igualdade e de educación inclusiva a través de formacións específicas, congresos científicos, simposios, seminarios... de alcance nacional e internacional.

Esta colaboración co CIFEX forma parte do compromiso da institución provincial de apoiar a actividade de organismos e entidades que traballan en prol da igualdade de xénero como, neste caso, o sector académico, que a través da investigación, educación e divulgación, pon en coñecemento da sociedade galega cuestións como as relacións e roles de xénero e das mulleres desde un punto de vista interdisciplinario, entre moitas outras.