Estás en:Novas

EBIBLIODACORUNACLUB: "Canción dulce" de Leila Slimani

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

EBIBLIODACORUNACLUB:

Dende o 15/01 de 2024 estaremos lendo no Club de Lectura Dixital  "Canción dulce" de Leila Slimani.

Myriam, nai de dous nenos, decide reemprender a súa actividade laboral nun bufete de avogados a pesar das reticencias do seu home. Tras un minucioso proceso de selección para atopar unha coidadora, decídense por Louise, que rapidamente conquista o corazón dos nenos e convértese nunha figura imprescindible no fogar. Pero pouco a pouco a trampa da interdependencia vai converterse nun drama.

Cun estilo directo, incisivo e tenebroso en ocasións, Leila Slimani desprega un inquietante thriller onde, a través das personaxes, revélansenos os problemas da sociedade actual, coa súa concepción do amor e da educación, do sometemento e do diñeiro, dos prexuízos de clase e culturais.

Canción dulce foi Premio Goncourt 2016.


Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou conversar co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Compartiendo lecturas" dedicado a lecturas en castelán
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.

Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.