Estás en:Novas

FHN: Convocatoria de plaza de secretario/a xeral do Pleno do Concello de Vigo (libre designación)

XUNTA DE GALICIA

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional denominado secretario/a xeral do Pleno da Corporación do Concello de Vigo.

Corporación: Concello de Vigo.
Posto: secretario/a xeral do Pleno da Corporación do Concello de Vigo.
Subescala: Secretaría.
Categoría: superior.
Nivel complemento destino: 30.
Complemento específico anual: 55.944,00 euros.
Coñecemento lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.