Estás en:Novas

O presidente da Deputación acompañou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita a Navantia

Durante a visita Sánchez anunciou que nas instalacións departamentais levarase a cabo a construción dun novo buque de aprovisionamento de combate para a Armada, encargado polo Ministerio de Defensa

Durante a visita Formoso quixo poñer en valor "o papel de Navantia como impulsor de industria e creador de emprego na provincia", que xera máis de 4.000 empregos directos, o 15 % de todo o emprego industrial na provincia

O presidente da Deputación acompañou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita a Navantia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañou no día de hoxe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita institucional aos estaleiros de Navantia en Ferrol.

Alí, Sánchez anunciou que nas instalacións departamentais levarase a cabo a construción dun novo buque de aprovisionamento de combate para a Armada, encargado polo Ministerio de Defensa.

O contrato para o deseño, construción e entrega desta nave conta cun investimento total de preto de 440 millóns de euros, xerando 1.800 empregos directos e indirectos procedentes da industria auxiliar. En total, sumaranse máis de 3 millóns de horas de traballo e a participación de 300 empresas españolas, das que 135 serán galegas.

Durante a visita Formoso quixo poñer en valor "o papel de Navantia como impulsor de industria e creador de emprego na provincia", que xera máis de 4.000 empregos directos, o 15 % de todo o emprego industrial na provincia, ademais de impulsar grandes avances tecnolóxicos que se atopan entre os máis competitivos de todo o mundo.