25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester
O 27 de xaneiro hai 25 anos que nos deixou Gonzalo Torrente Ballester.
Nado en Serantes (Ferrol) en 1910 e finado en Salamanca en 1999, foi escritor, guionista, xornalista, dramaturgo, crítico literario e tradutor. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.
Para conmemorar este aniversario, na Biblioteca provincial da Deputación da Coruña, quixemos achegarnos de novo á súa obra e encher un pouco o seu baleiro creativo cun percorrido polas obras galardoadas co premio que leva o seu nome.
Para iso, elaboramos unhas guías, e así podedes desfrutar das obras na nosa Biblioteca. Tamén recollemos algún recurso interesante da rede para afondar no autor:
- Guía da obra de Gonzalo Torrente Ballester que podes atopar nos nosos fondos: Guia_Obra_Torrente Ballester.pdf
- Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester: Guia_Premios_Torrente.pdf
- Recursos na Rede sobre Gonzalo Torrente Ballester:
Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Páxina do Ministerio de Cultura dedicada a Gonzalo Torrente Ballester
Instituto Cervantes. Una biblioteca, un autor: Gonzalo Torrente Ballester