Estás en:Novas

Ana Varela

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Ana Varela

Ana Varela

Ana Belén Varela Miño é unha poeta e tradutora galega nacida no concello de Narón. 

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e na actualidade traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no TSXG.

Traduciu ao galego textos de Edgar Allan Poe e contos de Virginia Woolf. Tamén verteu ao castelán poemas de Antía Otero. En 2017 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón con "Asombrario", o seu primeiro libro, e en 2019 obtivo o VI Premio Gonzalo López Abente con "Onde nacen as hedras".

Obra

Poesía

Asombrario, 2017. Concello de Outes. [GAL/10242]
Onde nacen as hedras (2019). Edicións Xerais.

Traducións

  • Edgar Allan Poe (2002). Berenice e outros relatos. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Ir Indo Edicións.
  • Antía Otero (2018). "Yo escribo en...galego" [escolma de poemas]. En Nayagua: Revista de poesía, 3(27), 91-103. Tradución ao castelán de Ana Varela Miño. Fundación Centro de Poesía José Hierro.
  • Virginia Woolf. Relatos de Virginia Woolf. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.

Premios

Certame Francisco Añón (2017), por Asombrario. 
VI Premio de Poesía Gonzalo López Abrente (2019) por Onde nacen as hedras.

A autora nas redes