Estás en:Novas
EBIBLIODACORUNACLUB

"A parte fácil" de Ismael Ramos

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Do 30/01/2024 ao 20/02/2024 estaremos lendo no Club de Lectura Dixital  "A parte fácil" de Ismael Ramos.


Sinopse:
As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes...
A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.

Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández' 2022 por 'Lixeiro'.

Ao rematar a lectura, o día 20 de febreiro ás 20:00 h teremos un encontro co autor para cambiar impresións sobre a lectura. Anímate a unirte! Podes facelo desde o propio club ou desde o Meet premendo aquí

Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.

1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Arredor dos libros" dedicado a lecturas en galego
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.
Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.
Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.