Estás en:Novas

FHN: Convocatoria posto de Secretario/a do Pleno para o Concello de Vigo (libre designación)

MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL
E DA FUNCIÓN PÚBLICA

Resolución do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional polo sistema de libre designación.

Corporación: Concello de Vigo.
Denominación do posto: Secretario/a xeral do Pleno Complemento específico anual: 55.944,00 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios/as de Administración Local con habilitación de carácter nacional pertencente ás Subescala de Secretaría, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 4 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (Publicada en «Diario Oficial de Galicia» do 12 de xaneiro de 2024).
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Acreditación do coñecemento de lingua galega, segundo Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Débese achegar documento acreditativo da posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou o seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.