Modificación do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais
Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes
Real Decreto 141/2024, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo.
Exposición de motivos
" (...)O padrón municipal é un rexistro administrativo que reviste unha gran importancia, por canto a inscrición neste supón o requisito previo e imprescindible para que as persoas poidan ter acceso, con todas as garantías, ao uso e goce dos servizos públicos de educación, sanidade e servizos sociais nun municipio, e ao exercicio do dereito de sufraxio, entre outros aspectos.
Debido precisamente á relevancia que este rexistro ten, faise preciso dotalo dun réxime de xestión e actualización de datos rápido, áxil e con garantías, co fin de permitir aos cidadáns e cidadás acceder a todos os servizos do municipio onde residen, por unha banda, e reducir ao mínimo os riscos derivados dunha incorrecta inscrición, por outra. A modernización do padrón tamén incidirá nunha mellor elaboración de políticas públicas como as relativas a fiscalidade, servizos sociais ou axudas á rehabilitación, entre outras (...)."