Conversas en Inglés
Conversas en inglés de nivel medio dentro da programación de actividades de primavera da Biblioteca
Dous niveis : medio I e medio II (o II é un chisco máis avanzado que o I):
Nivel Medio I
- Impartido por Elisabeth Hamer
- Día: os mércores de 11:30 a 12:45 h.
- Duración: 12 sesións. De marzo a maio
- Prazas: 15
- Data de comezo: mércores 6 de marzo
Nivel Medio II
- Impartido por Elisabeth Hamer
- Día: os luns de 19:15 a 20:30 h.
- Duración: 12 sesións. De marzo a maio
- Prazas: 15
- Data de comezo: o luns 4 de marzo
Inscrición: Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Podes inscribirte nesta mesma web premendo aquí e escollendo a actividade (é necesario ter o carné da biblioteca a man).
A páxina para inscribirse a estas actividades funcionará do día 19 de febreiro ás 10:30 h ata o día 23 ás 20:30 h. No caso de que non se cubran as prazas, poderá seguir aberta.
A adxudicación das prazas será por sorteo.
Se precisas axuda para a inscrición, podes vir á Biblioteca ao mostrador de Información (1º andar) e axudarémosche (mañá e tarde).
Contactaremos con todas as persoas inscritas antes do inicio da actividade para comunicarlles se obtiveron a praza ou non.