Club de libros extraordinarios
Club de libros extraordinarios da programación de actividades de primavera da Biblioteca
- Impartido por Xoán Abeleira
- Día: os luns de 19:00 a 20:30 h.
- Prazas: 20
- Duración: 12 sesións. De marzo a maio
- Data de comezo: luns 4 de marzo
Inscrición: Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Podes inscribirte nesta mesma web premendo aquí e escollendo a actividade (é necesario ter o carné da biblioteca a man).
A páxina para inscribirse a estas actividades funcionará do día 19 de febreiro ás 10:30 h ata o día 23 ás 20:30 h. No caso de que non se cubran as prazas, poderá seguir aberta.
A adxudicación das prazas será por sorteo.
Se precisas axuda para a inscrición, podes vir á Biblioteca ao mostrador de Información (1º andar) e axudarémosche (mañá e tarde).
Contactaremos con todas as persoas inscritas antes do inicio da actividade para comunicarlles se obtiveron a praza ou non.