Actividades de primavera na biblioteca
Cursos de alfabetización dixital: manexo de smartphones
O obxectivo é ensinar as habilidades básicas no manexo dos dispositivos dixitais de uso corrente para que as persoas poidan usalos na vida cotiá e desenvolver novas oportunidades sociais. Familiarizarse co funcionamento básico dos dispositivos móbiles e integrar as TIC na vida das persoas adultas.
Cursos de alfabetización dixital: manexo de smartphones
Día: os MARTES de 11:00 a 13:00 h.
Duración: 12 sesións.
Días: 5, 12 e 19 de marzo; 2, 9, 16, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio
Prazas: 15
Data de comezo: o martes 5 de marzo
Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
PROGRAMA
Partes dun teléfono móbil e uso da cámara.
Uso de aplicacións, google suite, o móbil como ferramenta multifuncional.
Uso do WhatsApp
RESERVA DE PRAZA
- Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias.
- A inscrición será presencial na semana do 19 ao 23 de febreiro, no mostrador de Información (1º andar) da Biblioteca (mañá e tarde).
- Se se cubren as prazas, farase un sorteo entre toda a listaxe de agarda.
- É imprescinble acudir ao curso cun teléfono smartphone.
- Contactaremos coas persoas que obtiveron praza antes do inicio da actividade.