Estás en:Novas
Activididades de primavera da biblioteca

Curso de Robótica e Programación

Traballaremos con BBC micro: bit que é unha pequena tarxeta de 4x5 cm. deseñada para que aprender a programar sexa fácil, divertido e ao alcance de todos.

Curso de Robótica e Programación

Dirixido a rapaces de 9 a 11 anos

  • DURACIÓN DOS CURSOS: 10 sesións
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados

• 2, 9 ,16 e 23 de marzo
• 6, 13, 20 e 27 de abril
• 4 e 11 de maio

  • LUGAR: Sala Manuel López

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o luns día 19 de febreiro ás 10:30 h. da mañá 

Inscrición

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web
www.dacoruna.gal/biblioteca premendo do no apartado Actividades e despois en Infancia Mocidade premer no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man).

Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) a listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e a listaxe de agarda.

12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

Terán preferencia os nenos/as que non realizasen anteriormente o taller.

Os cursos son totalmente gratuítos.

En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.

Para calquera dúbida, chama ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.