Estás en:Novas

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Mostra bibliográfica, guía de lectura e mapa virtual

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Para estes meses de primavera preparamos unha mostra moi especial. Alén de achegar unha temática para celebrar o mes da muller, que tamén, comprácenos que nesta ocasión poidamos recoñecer o traballo das autoras e creadoras da nosa provincia.

Ao longo do ano 2023, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, estivemos a facer un destaque semanal dunha autora dalgún dos concellos da provincia da Coruña. Para compilar e poñer en común todo o traballo levado a cabo, deseñamos esta mostra, que propón un percorrido polos concellos da provincia dun xeito ameno e reivindicativo: a través da obra das autoras, exemplificada con volumes que temos no noso fondo, e que consideramos representativos da súa escrita.

Para acompañar o percorrido elaboramos un mapa virtual coas autoras propostas, ao voso dispor a través de códigos QR feitos para a ocasión, e tamén dispoñible máis abaixo. Agardamos que desfrutedes do resultado tanto como nós o fixemos desenvolvéndoa, que continuedes apoiando a iniciativa a través das redes sociais e os préstamos (físicos ou dixitais), e sigamos a descubrir e recoñecer o traballo das nosas autoras.

Podedes acceder ao conxunto dos contidos na seguinte ligazon: