Estás en:Novas

EBIBLIODACORUNACLUB: "Arte" de Yasmina Reza

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

EBIBLIODACORUNACLUB:

Dende o 20 de febreiro ao 8 de marzo estaremos lendo no Club de Lectura Dixital  "Arte" de Yasmina Reza.

"Sergio ha comprado un cuadro moderno por una gran suma de dinero. Marcos lo odia y no puede creer que a un amigo suyo le guste una obra semejante. Iván intenta, sin éxito, apaciguar a las dos partes. Si tu amistad está basada en un mutuo acuerdo tácito, ¿qué pasa cuando una persona hace algo completamente diferente e inesperado? La pregunta es: ¿eres quien crees que eres o eres quien tus amigos creen que eres?"

Esta deslumbrante comedia de Yasmina Reza estreouse en París na Comédie des Champs-Elysées en outubro de 1994, onde permaneceu en cartel 18 meses; en Berlín, no Teatro da Schaubühne en outubro de 1995; en Londres, no Wyndham's Theatre en outubro de 1996; en Nova York, no Royal Theatre en marzo de 1998, e en Madrid, no Teatro Marquina en setembro de 1998, nunha versión dirixida por Josep Maria Flotats que se alzou con catro premios Max e algúns dos máis prestixiosos galardóns do noso país.


Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou conversar co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Compartiendo lecturas" dedicado a lecturas en castelán
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.

Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.