Diana Varela Puñal
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Diana Varela Puñal, nada en Corme (Ponteceso) é unha escritora galega.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada.
Algúns dos seus poemas viron a luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico e en El Correo Gallego. Colaboradora dos xornais Galicia Hoxe e La Opinión.
Obra
Poesía
• Fíos, 2008, Espiral Maior. [GAL/13876]
• Animal abismo, 2010, Espiral Maior. [GAL/15455]
• Non, amor, 2017, Medulia.
Literatura infanto-xuvenil
• As trovas de Midas, 2011, Galebook, publicado en formato impreso e dixital.
Narrativa
• Fin de Festa, 2015, Laiovento. [GAL/12347]
• Diario sen datas dunha aborixe galega (2019). Laiovento.
Premios
• Premio de poesía Díaz Jácome do Concello de Mondoñedo, no 2006..
• Premio de poesía Uxío Novoneyra, do Concello das Pontes, no 2006.
• Premio Estornela de Teatro para nenos, por Arlequino Viceversa, no 2012.
• Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta con A conxura, no 2020.
A autora na Rede
• Ficha da autora na AELG
• Podes achegarte á súa obra: aquí