8M, o Día da Muller na Biblioteca Provincial
Hoxe estamos de celebración, e desde a Biblioteca queremos compartir convosco todas as actividades e iniciativas que desenvolvemos para este día:
- Lista de reprodución "Con voz de muller"
- Punto de interese con libros de temática feminista nas seccións da Biblioteca:
- Biblioteca Xuvenil
- Bbtk Infantil
- Préstamo Adultos
- Catálogo de libros de temática feminista na sección Xuvenil [Guía]
- Selección de recursos dixitais na eBiblioDaCoruna e imaxe para a ocasión
- Proxecto #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023:
- Mostra bibliográfica [No vestíbulo da Biblioteca]
- Guía de lectura
- Mapa interactivo
- Seccións fixas das Redes sociais selecionadas para a ocasión:
Agardamos que desfrutedes destes recursos e nos compartades as vosas impresións nas redes ou na propia Biblioteca.
E, por certo, sabías por que se elixiu o 8 de marzo para celebrar o Día Internacional da Muller?
A ONU constituíu o día internacional hai 47 anos para celebrar o 8 de marzo o día da muller ao estar estreitamente vinculado aos movementos feministas durante a Revolución Rusa de 1917. Foi un 8 de marzo de 1917 (un 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano que se utilizaba en Rusia), cando as mulleres rusas se declararon en folga, pedindo Pan e paz. Catro días despois, o Zar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.