Natalia Carou
Natalia Carou
Natalia Carou Figueira, nada en Bealo (Boiro), é unha escritora galega. Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña exercendo como asesora empresarial fiscal.
Escribe libros de narrativa orientados á mocidade. O alento nas costas, ao igual que A cova da Moura, conta duras historias de adolescentes que se combinan con lendas da Galicia medieval, alternando liñas temporais. O mal querer relata o caso dun rapaz maltratado que comete un delito e debe ingresar nun centro de menores.
Obra
- Mariposas tristes (2017). Harlequin (Castelán)
- O alento nas costas (2012). Baía (Xuvenil)
- A cova da Moura (2017). Baía (Xuvenil)
- O mal querer (2020). Baía. [GAL N 108]
O xurado do segundo Premio Vilar Ponte de Novela, no que resultou gañadora a obra, dixo: «Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector».
Premios
- 2019: Premio de Novela Vilar Ponte (por O mal querer).
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego (por O mal querer).