Estás en:Novas

O deputado de Deportes visitou os rapaces e rapazas da canteira do CRAT

Antonio Leira achegouse aos campos da Torre, na Coruña, onde se encontrou tamén con representantes do club de rugbi

A entidade, que conta co apoio económico da Deputación, suma 300 licenzas de categorías inferiores

O deputado de Deportes visitou os rapaces e rapazas da canteira do CRAT

O deputado de Deportes, Antonio Leira, achegouse esta tarde aos campos da Torre, na Coruña, para compartir uns momentos con rapazas e rapaces das categorías inferiores do CRAT nun descanso dos seus adestramentos. A entidade herculina mantén unha canteira que conta con arredor de 300 deportistas, tal e como lle explicaron a Leira representantes da directiva do club herculino cos que realizou a visita.

O CRAT conta co apoio da Deputación para o mantemento da súa actividade. A través das liñas de subvencións a entidades deportivas, a institución provincial concedeulle o ano pasado unha axuda próxima aos 9.000 euros para sufragar o custe de licenzas e inscricións do equipo feminino.